Compañía de danza galega dirixida por Marta Alonso Tejada. Constituíuse como Compañía independente en 2018. En 2020 estreou a peza BAILAR AGORA, que recibiu os premios: - Fetén (2022), Xixón - Mellor espectáculo nocturno CCAI; - María Casares (2021): -Mellor actriz protagonista, -Mellor iluminación, -Mellor dirección; - MIT Ribadavia (2021); III Premio do Público Fetega (2021) - Mellor Espectáculo. E é finalista nos Premios da Crítica Galega (2022) Sofá (versión IN, 2023; versión OUT, 2022), Dancin'Queen (2021) e Discoteca de Señoras (2021) son outros dos traballos da Compañía. A danza, o humor, a mestura de linguaxes escénicas próximas ao teatro e ao circo, a interacción co público e a proximidade, xeran nas súas obras un ambiente particular do cotián, do natural e do común que se comparte na escena.