Marta Alonso Tejada.

Xestión Cultural

Desde 2008 combina a súa traxectoria artística cunha potente actividade na xestión cultural e na docencia da danza.
Na actualidade é integrante da directiva da Asociación IS.MO Cultura.

Determinada Co.

Forma parte de Determinada Co., xunto a Paula Quintas, entidade onde coproduce os espectáculos nos que tamén é intérprete: Nina Ninette (2021), Alma non é hippie (2019) e Up2Down (2015).

Abanea

Como integrante da directiva da Asociación IS.MO Cultura., Co-dirixe o Abanea - Festival de danza e movemento que se realiza por primeira vez en Xullo do 2022, desenvolvendo a súa segunda Edición no 2023. Este Festival forma parte de Acieloabierto - Red de Festivales en espacio non convencional, sendo Marta parte da Asamblea desta rede en representación de Abanea. Anteriormente, foi fundadora e codirectora das 11 Edicións do festival de danza e artes do corpo: corpo(a)terra. (2011-2021)

Docencia

Desde 2008 crea, programa e produce diferentes proxectos relacionados coa docencia e transmisión da danza. Creadora e Xestora de programas de formación en danza para profesionais en Galiza, tales como: Enxebre Danza: Summer Intensive de corpo(a)terra e Plan de Adestramento Profesional en Danza Contemporánea de Galicia, xestionado como Danza Alfaia en Colaboración con trasPediante cultura, o Concello de Santiago de Compostela e a Diputación de A Coruña (2018-2020). Tamén é creadora e foi directora durante 12 anos da Escola Danza Alfaia en Santiago de Compostela. Na actualidade deseña e imparte workshops para colectivos específicos, workshops relacionados cos espectáculos en cartel da cía martaalonsotejada e o seu interese pola formación en danza hibrídase co formato escénico experiencial, como é no caso de "Discoteca de Señoras".

Ir al contenido
favicon marta tejada alonso
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.